Celebra o Día Mundial do Enoturismo con Bodegas Martín Códax
05 de Novembro de 2024
Co motivo do Día Mundial do Enoturismo, organizamos un Túnel do Viño este sábado 9 de novembro, seguindo coa nosa forte aposta polo enoturismo en Rías Baixas.
Co motivo do Día Mundial do Enoturismo, organizamos un Túnel do Viño este sábado 9 de novembro, seguindo coa nosa forte aposta polo enoturismo en Rías Baixas.
Celebramos o Día Mundial do Enoturismo, que se conmemora o vindeiro domingo 10 de novembro, coa organización dun túnel do viño o sábado 9 de novembro.
Recoñecida como a Mellor Adega Aberta ao Enoturismo de España nos VI Premios de Enoturismo “Rutas del vino de España”, a nosa adega organiza un Túnel do Viño este sábado co obxectivo de dar a coñecer e seguir apostando polo enoturismo en Rías Baixas.
O túnel do viño, que se realizará nas instalacións da adega en Cambados, contará con tres quendas de acceso, programadas ás 11:00, 12:30 e 17:00 horas, cada unha cun aforo limitado de 40 persoas para garantir unha experiencia única. As entradas, cun custo de 18 euros por persoa, poden adquirirse previamente na web da adega en https://tienda.martincodax.com/collections/tunel-del-vino-dia-mundial-del-enoturismo.
Este evento ofrece aos amantes do viño a oportunidade de coñecer de primeira man as distintas elaboracións da adega, nunha experiencia única que estará maridada cunha selección de queixos con Denominación de Orixe galega.
O Día Mundial do Enoturismo, promovido pola Rede Europea de Cidades do Viño (RECEVIN), busca poñer en valor a cultura do viño e fomentar o turismo vinícola en toda Europa. Esta xornada celébrase anualmente o segundo domingo de novembro e dá lugar a diversas actividades festivas e culturais en diferentes cidades e rexións vinícolas.
Con iniciativas como esta, Bodegas Martín Códax continúa posicionándose como un referente enoturístico en Galicia, a través dunha coidada programación de visitas e experiencias en cada tempada, convidamos a locais e visitantes a gozar da riqueza cultural e paisaxística da rexión, con actividades que resaltan a contorna e as tradicións da zona.
Deixa unha resposta
codax
40 comentariosManuel Ferreiro
2 comentariosMultihomespain
2 comentariosSole
2 comentariosAlejandro Martínez
1 comentarioalicia bará
1 comentario