O Museo das peregrinacións de Santiago de Compostela acolleu o pasado venres, 21 de febreiro, a entrega de premios do concurso literario e fotográfico “1.000 Caminos“, convocado por Martín Códax e que este ano alcanzou a súa terceira edición.
Os premios, nos seus respectivos apartados, recaeron en:
- Mellor fotografía: “A lo lejos”, de Jose Juan Torres, residente en Granada. Gozará dunha viaxe a Francia, concretamente a París e La Borgoña.
- Mellor guía secreta: “La fuente de montes”, de Daniel Sánchez Enjuto, procedente de Ponferrada. A maravillosa Venecia e máis a zona vinícola da Toscana, na veciña Italia o agardan.
- Mellor relato literario: “Tres ojos”, de Aitana Such Faro, de Barcelona. O premio consiste nunha viaxe a Frankfurt e o Mosel, en Alemaña.
Cada viaxe inclúe unha estanza de 3 días nunha cidade e outros 3 días nunha zona vitivinícola con visita a unha adega.
O xurado calificador do concurso, ao que se presentaron preto de 1000 traballos, integrárono Cristóbal Ramírez, Presidente da Asociación de Xornalistas do Camiño de Santiago, como presidente; José Martínez Chantada, Presidente de Bodegas Martín Códax que exerceu de secretario; e Xoán A. Soler (fotógrafo profesional), Manuel González Menéndez (Presidente da Asociación da Prensa da Coruña) e Isabel Freire (xornalista), como vogais.
O concurso “1.000 Caminos” repartiu ademais outros 81 premios elixidos a través da votación abertas na web 1000caminos.com, na que se rexistraron máis de 100.000 visitas
O vindeiro sábado 1 de marzo, comezará a quinta edición de 1000Caminos. Unha nova oportunidade para os peregrinos de volver a compartir as súas experiencias e lembrar o vivido durante o Camiño. Unha oportunidade de seguir coa aventura. Se ti tamén o percorriches e cando chegaste a Santiago, te preguntaste ¿E agora que?. Agora, é o intre de atopar o teu lugar en 1000Caminos, o punto de encontro dos amantes do Camiño.