Esta 14ª edición do Outono Códax Festival celebrarase do 31 de outubro ao 23 de novembro e contará con nove exclusivas citas con artistas de renome internacional do soul, o blues e o swing. A presenza en Santiago de Compostela de Fantastic Negrito (gañador de dous Grammys ao mellor álbum de blues contemporáneo), The Sheepdogs (que abren en Compostela a súa xira europea) e Shannon & The Clams (acompañantes asiduos de grupos como The Black Keys e Greta Van Fleet) reafirma a este festival como incuestionable referente internacional das músicas de raíz afroamericanas.
Así pois, un ano máis e baixo o apoio e colaboración de Bodegas Martín Códax, o festival impulsado por Raíña Productions e A Reixa achegará a Galicia o mellor do xénero con seis citas en Santiago de Compostela (9, 21, 22 e 23 de novembro na na Sala Capitol; 31 de outubro e 15 de novembro no Riquela Club). Actuacións musicais nas que o Outono Códax, sendo fiel á súa filosofía, prioriza calidade e variedade, reunindo un ano máis a exquisitos representantes do soul, jazz, swing ou blues.
Unha programación que inclúe a participación de varios artistas de referencia internacional: Fantastic Negrito, The Sheepdogs, Shannon & The Clams, The Jive Aces, The Fuzillis, The Courettes. Unha representación do blues e do rock español con Los Tiki Phantoms e dúas bandas galegas representativas do panorama actual: Mambas Negras e Madame Bird. Como cada ano, o Outono Códax completa a súa programación cunha ampla gama de actividades culturais.
Entre a oferta de actividades paralelas que se desenvolverán no Outono Códax Festival figuran as catas de viño comentadas polo noso sumiller, que se realizarán en 2 emblemáticos restaurantes de Santiago; San Jaime – mércores 6 de novembro ás 20h e O Curro da Parra – mércores 13 de novembro ás 20h. As invitacións para participar nestas catas sortearanse a través das redes sociais do festival.
Gastronomía, viño e música uniranse na cea maridaxe musical que terá lugar o mércores 20 de novembro ás 21h no Restaurante Papatorio. As entradas a esta cea poderanse comprar na nosa web.
Destacan tamén o ciclo de proxeccións Blow up… A música non cinema no que se proxectarán This is a filme about The Black Keys, Phantom of the Paradise e Blue Giant. As Pinchadas no Riquela Club con Dj Sanma, Dj Abelvision e Javi Savoy. As presentacións dos libros ¡Lo tengo en vinilo! de Óscar Avendaño y Rumours, la tormenta emocional de Fleetwood Mac de Xavier Valiño e a exposición fotográfica La Calle 52 W. Los rostros de él Jazz 1945-1948 de Alfredo Marcos.
Podes consultar toda a programación en www.outonocodaxfestival.com