Concerto do Grupo Martín Códax

02 de Maio de 2014

15 de maio ás 20 horas. Santiago de Compostela

15 de maio ás 20 horas. Santiago de Compostela

grupo_mc

O vindeiro 15 de maio o Auditorio do Conservatorio de Música Profesional de Santiago de Compostela acollerá ás 20.00 horas un novo concerto do grupo de música Martín Códax.

Neste concerto o grupo Martín Codax fai un percorrido polas máis grandes manifestacións da lírica galego-portuguesa: Cantigas de Amigo, Cantigas de Amor, Cantigas de Escarnio e as Cantigas de Santa María do rei Alfonso X o sabio, dedicando especial atención ás Cantigas contidas no Pergamiño Vindel no seu centenario da súa descuberta.

O grupo de música antiga “Martín Codax” leva xa máis de vinte anos dedicado ao estudo e á interpretación da música escrita dende a Idade Media ata o Renacemento e ofreceu concertos en numerosos ciclos e festivais, tanto en Galicia coma no resto de Europa

Conta, ademais, co apoio da nosa adega, comprometida nunha intensa labor de fomento e difusión da cultura galega. Froito da súa traxectoria e da colaboración coa adega son os catro CD gravados polo grupo, Por que trovar é cousa en que iaz…, Herru Sanctiagu, O viño da vida e Devotio o máis recente, gravado para o selo Cantus no ano 2009 e presentado nun concerto retransmitido en directo, desde as Adegas Martín Códax, simultáneamente en Radio Clásica e na RNE-Radio 1, dentro do programa “Música sobre la marcha” de Fernando Palacios.

Na actualidade o grupo Martín Códax está a participar na difusión dos instrumentos medievais a través da exposición itinerante “Musica de pedra e cantos de peregrinación”, organizada por Bodegas Martín Códax.. Estas exposicións deron comezo no ano 2010 cun concerto extraordinario na Catedral de Santiago e coa exposición dos instrumentos medievais no pazo de Fonseca. A exposición recorreu as cidades de Santiago, Ourense, Lugo, Pontevedra e Ponferrada.

Para asistir a este novo concerto, cómpre poñerse en contacto co Conservatorio de Música de Santiago.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario