Coñecemos ós gañadores dos Premios Martín Códax da Música!

09 de Maio de 2019

VI edición dos premios da música en Galicia

VI edición dos premios da música en Galicia

pmcm

Este mércores celebramos a Gala final da sexta edición dos Premios Martín Códax da Música no Pazo da Cultura de Pontevedra. Foi a gran noite da música en Galicia, cuns premios que dan visibilidade ao gran número de proxectos e a diversidade de estilos do sector musical galego.

Durante a gala coñecéronse aos gañadores nas 15 categorías destes galardóns, así como tamén se coñeceron os agraciados cos tres Premios Organistrum e se entregou o Premio Honorífico de Músicas ao Vivo.

Só 54 proxectos pasaron á final de entre os máis de 440 que se presentaron nesta edición. Os gañadores foron escollidos por un xurado composto por membros da asociación Músicas ao vivo, así como outros profesionais do sector musical. Ramón Bermejo, Rosa Salgado, Terela Gradín, Pilocha, Najla Shami, Tito Lesende e Miguel de la Cierva foron os encargados de decidir os gañadores.

Os proxectos premiados nesta sexta edición dos premios da música en Galicia foron:

  • Músicas do mundo: Marcos Teira – Nós
  • Música clásica e contemporánea: Adrián Saavedra
  • Música rock: BALA
  • Blues, funk, soul: Carmen Rey
  • Orquestras, grupos e música de verbena: Orquestra Los Satélites
  • Jazz e músicas improvisadas: Xosé Miguélez con Ontology
  • Música metal: NAO
  • Hip-Hop e músicas urbanas: Wöyza
  • Música pop e indie: Igloo
  • Música electrónica: Baiuca
  • Música tradicional galega e folque: Tanxugueiras
  • Música infantil: A Casa do Terror – Xoán Curiel e a Banda do Verán
  • Canción de autor/a: Su Garrido Pombo
  • Coros e grupos vocais: EJAZZ
  • Reggae, ska e mestizaxe: Banda Cebinsky

Premios Organistrum

  • Salas: El Contrabajo Club
  • Festivais: Festival de Pardiñas
  • Medios de comunicación: Diario Cultural

A gala terminou coa entrega do Premio Honorífico de Músicas ao Vivo, que este ano recaeu no músico estradense Carlos Barruso, por toda unha vida dedicada á música, “xeneroso e aberto a calquera reto profesional, Carlos é un dos motores esenciais da nosa banda sonora”.

Felicidades a todos os gañadores e finalistas! Comeza a conta atrás para os Premios Martín Códax da Música 2020.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario