Consolidación internacional

26 de Marzo de 2014

Entre os grandes brancos do mundo.

Entre os grandes brancos do mundo.

revista_2

albariño Martín Códax, buque insignia da nosa adega e referente da D.O. Rías Baixas segue imparable na súa consolidación entre os grandes viños brancos do mundo.

Nas listas onde antes só se vían chardonnayssauvignons ou rieslings agora destaca tamén o albariño Martín Códax situándoo entre os principais viños nos mercados internacionais.

Un exemplo de mercado onde máis se consolidou son os Estados Unidos. En pouco máis dun mes, Martín Códax foi elixido por Las Vegas Review Journal como Viño da semana e como Viño do Día na prestixiosa publicación The Wine Spectator, seleccionado polo crítico Thomas Matthews.

Outro dos acontecementos que reafirma a posición de Martín Códax como un dos principais viños neste mercado é a enquisa anual ao sector hostaleiro da revista Wine & Spirit, que celebrou xa o seu vixésimo aniversario. Decenas de sumilleres elixiron os mellores viños do país e entre eles encontrábase Martín Códax destacándoo como top value e como un dos mellor valorados entre os restauradores. Trátase da confirmación de que un varietal ata hai poucos anos descoñecido, se converteu agora nun imprescindibles nas cartas dos restaurantes internacionais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario