Cruzamos o charco e instalámonos no International Culinary Center de Nova York. Seguindo os consellos do cheff Jeffrey Crawford, asistimos á primeira clase de cociña do albariño Martín Códax.
Gambas ao ajillo, vieiras con salsa de romesco e as clásicas patacas bravas son os pratos aos que se enfrontaron os nosos alumnos e alumnas, todos profesionais do xornalismo e da comunicación de populares cabeceiras dos Estados Unidos como Examiner ou Metro U.S. Publications.
Non é doado contar cun público destas características, pero nós logramos non só que nos acompañasen nesta clase senón tamén que cociñasen as receitas e coñecesen máis de preto noso albariño e a nosa terra.
Para finalizar, unha cea maridada para o desfrute dos nosos estudantes favoritos. Unha forma de xogar cos sentidos, as materias primas e as maridaxes que resultou moi divertida e na que todos os asistentes se foron con moi bo sabor de boca.