Tres xornadas de regatas puxeron fin á Copa Gitana Martín Códax de barcos de época e clásicos. Celebrada en Getxo converteuse xa nunha das competicións máis importantes a nivel español na súa categoría, contando este ano con máis de 30 embarcacións. Son xa 15 as edicións realizadas neste formato.
O Real Club Marítimo de Abra-Real Sporting Club de Getxo-Bilbao foi o lugar elixido para a entrega de premios. O noso delegado en Biscaia, Jose Ramón Arbide, foi o encargado de outorgalos.
O “Asti V“, de Ibon Basañez, conseguiu o primeiro premio na categoría de veleiros de época; o “Artako“, de Juan Olabarry, conseguiuno na de clásicos e o “Taramay Urbegi“, de David Fernández, alzouse co primeiro posto na categoría Espírito de tradición.
Por último, na categoría J80 impúxose o “Bufete Barrilero e Asociados”.