Se hai un día no que o enoturismo é o protagonista, é este: O Día Europeo do Enoturismo.
Na nosa bodega estamos a celebralo xa dende hai varios anos e a verdade é que nos encanta facelo e sorprendervos coas novas propostas.
Nesta nova edición, o día 8 de Novembro, repetimos Os Showcookings de Códax, coa cociña de Xoán Crujeiras. (Ver showcooking pinchando aquí).
Pero hai moito máis.
Quitámosnos os complexos e medímosnos con algúns dos mellores viños brancos europeos! Esto foi no transcurso dunha cata maridaxe con queixos tamén de orixe europeo.
A cata, que a fixemos en colaboración con Pontegourmet, contou cunha selección de viños feita polo único Master of Wine residente en España, Norrel Robertson.
Queres ver como o pasamos? Fai click no vídeo.