O 14 de agosto celebramos na adega o acto de entrega das donacións dos Xoves de Códax, correspondente aos beneficios obtidos da venda de entradas dos concertos celebrados no mes de xullo durante este ciclo de música estival. O importe donado ascendeu a preto de 5.000 euros.
As asociacións que recibiron as donacións son as seguintes:
- Cáritas, que desenvolve diferentes accións sociais, entre elas a atención básica a familias e persoas en situación o risco de exclusión laboral. Recibiu os beneficios correspondentes ao concerto de Kepa Junquera & Xabier Díaz do 3 de xullo.
- Fundación Amigos de Galicia, que ten plans de cobertura de necesidades básicas de persoas en situación de carencia ou limitación de recursos económicos e traballa tamén pola igualdade na infancia. A fundación, que recibiu os beneficios correspondentes ao concierto de Pentalfa do 10 de xullo, comunicou que esta donación será destinada íntegramente á compra de alimentos, cuxos destinatarios serán familias con cativos da comarca do Salnés que carecen de recursos
- Esperanza Salnés, asociación de atención a discapacitados físicos e intelectuais con servizos multidisciplinares de logopedia, pedagoxía terapéutica, fisioterapia e psicoloxía, que recibía os beneficios correspondentes ao concerto de Narf, do 17 de xullo.
- AECC, que presta servizos de atención integral a persoas enfermas de cancro e ás súas familias dende unha perspectiva psicosocial, desenvolve proxectos de sensibilización social sobre a enfermidade e a súa prevención e actividades de prevención e educación para a saúde, entre outras. Recibiu os beneficios correspondentes ao concerto de Iria Peña Trío, do 31 de xullo.
Aínda quedan por repartir os beneficios dos concertos que se celebren no mes de agosto, que irán destinados á Fundación Andrea, Fundación Bata, Lar Prosaúde Mental e ao Centro Princesa Leticia de Amencer. O novo acto está previsto que se celebre no mes de Septembro.