O Outono Códax despídese con cheo absoluto
28 de Decembro de 2018
Unha homenaxe a Aretha Franklin clausurou a VIII edición
Unha homenaxe a Aretha Franklin clausurou a VIII edición
Todo o bo remata, e clausúra da oitava edición do Outono Códax Festival non puido ser mellor, rexistrando un cheo absoluto na Sala Capitol en Santiago de Compostela.
As voces de Aretha Soul Divas e a música de The Silverbacks foron os encargados de clausurar esta edición cunha sentida homenaxe á gran diva do soul, Aretha Flanklin.
Cancións como ‘ Respect’, ‘ Think’ ou ‘I Say a Little prayer’ fixeron cantar e bailar a un público entregado que non quixo perder a ocasión de gozar do mellor soul.
Con esta actuación a oitava edición do maior festival de música negra en Galicia pon punto e final. Un Outono Códax Festival que estendeu o seu calendario máis que nunca ata xa entrado o inverno, e que achegou por primeira vez á nosa comunidade a cinco grandes grupos internacionais.
Despois do cartel deste ano o listón queda moi alto, pero empeza o traballo. Preparados para o Outono Códax Festival 2019?
[/ mcodax-texto]
Deixa unha resposta
codax
40 comentariosManuel Ferreiro
2 comentariosMultihomespain
2 comentariosSole
2 comentariosAlejandro Martínez
1 comentarioalicia bará
1 comentario