Emoción e gastronomía

13 de Novembro de 2017

Iván Domínguez xunto ao resto de Fillos do Atlántico

Iván Domínguez xunto ao resto de Fillos do Atlántico

A mariscadora Victoria Oubiña, o percebeiro Joaquín SanMiguel, o mariñeiro Isidro Mariño e o viticultor Ramiro Aragunde, foron os protagonistas, xunto co cociñeiro Iván Domínguez, do showcooking que celebramos o Día Europeo do Enoturismo.

Reunimos neste evento a todos os nosos “Fillos do Atlántico”.

Prometemos sorpresas e vaia se as houbo.

Cociña, escenografía, espectáculo e emocións! Si; moitas emocións foron as vividas durante o Día Europeo do Enoturismo na nosa casa.

Durante o showcooking, cuxa cociña correu a cargo do Director Gastronómico do Grupo Amicalia, foron aparecendo un a un os protagonistas da nosa campaña de publicidade. Uns invitados moi especiais que souberon chegar ao corazón de cada un dos asistentes grazas ás súas historias persoais e profesionais que aquí compartiron.

Invitados que, ademais, serviron de inspiración a Iván Domínguez para a elaboración en directo dun total de 5 pratos, que son os que o público puido degustar acompañados dos nosos cinco principais viños: Martín Códax, Martín Códax Leas, Organistrum, Martín Códax Vindel e Martín Códax Gallaecia.

Pero os Fillos do Atlántico non foron os únicos acompañantes de Iván Domínguez. Na súa cociña tamén estiveron presentes a súa nai, Rosa Pereda, o panadeiro Eladio Pazos, e o coñecido pasteleiro e mestre chocolateiro, Ariel Medizabal, finalista da copa do Mundo de Pastelería en Lyon en 2009.

“FILLO DO ATLÁNTICO: O SHOWCOOKING” PASO A PASO.

Coas vistas da Ría de Arousa ao fondo, demos a benvida na nosa terraza a todos os afortunados que conseguiron comprar unha entrada. Só foron 75 as que se puxeron á venda e en poucos días estaban esgotadas. Un dato fantástico, tendo en conta que o 10% do despacho de billetes destinarémolo á loita contra o cancro de próstata, a través da Asociación Española contra o Cancro (AECC).

Iván Domínguez (https://youtu.be/nxFQmmfxRys), facía a súa entrada da man do seu amigo, o panadeiro, Eladio Pazos. El mesmo desvelaba a primeira das sorpresas: durante toda a xornada, elaborou pan a base de auga mariña en rigoroso directo e diante do público. Mesmo algúns dos asistentes estiveron coas más na masa. Ao finalizar, todos nos puidemos levar un á nosa casa. Un agasallo moi saboroso!

Ao longo do showcooking, Iván non estivo só en ningún momento. A primeira en sumarse foi a súa propia nai, Rosa Pereda, que lle axudou a crear o primeiro dos pratos (Rubio guisado con crema de clementinas) á vez que ía desvelando algunha das anécdotas máis divertidas da infancia do seu fillo. Este primeiro prato foi acompañado con Martín Códax Gallaecia, comezando así cun dos viños máis arriscados da adega en canto a maridaxes refírese.

Para a súa segunda proposta (Fabas de Lourenzá e ameixas de Cambados) contou co apoio da mariscadora Victoria Oubiña (https://youtu.be/gAfDCunWaWk). Esta cambadesa, que leva anos exercendo a súa profesión primeiro por obrigación e despois por paixón, viu na receita de Iván, a súa día a día na Ría de Arousa. O viño elixido para esta ocasión foi Martín Códax Lías.

Tras Victoria, outro invitado uníase á cociña de Domínguez. Chegaba a quenda do mariñeiro Isidro Mariño (https://youtu.be/NdcPw422EAw) Un lobo de mar para o que o cociñeiro preparou Xarda lañada e afumada con acículas de piñeiro e crema de grelos fermentados. Un prato como este non podía estar maridado por outro viño que non fose Organistrum, o noso albariño fermentado en barrica.

Para a súa cuarta proposta (Percebes ao sal de alga percebe), Iván pediu a materia prima ao seu seguinte acompañante, o percebeiro Joaquín SanMiguel (https://youtu.be/A3kvgjmtHdk). Ousado, arriscado e cun complexo traballo ás súas costas, como Martín Códax Vindel, o noso viño máis extremo e o protagonista neste punto do showcooking.

Tras catro fantásticos pratos, aquí non acabara todo. De súpeto, Katia Álvarez, a nosa enóloga, abandonou o seu rol e púxose en mans de Iván. A ela relevouna Ramiro Aragunde, viticultor e socio fundador da cooperativa (https://youtu.be/1uQpse66Ywo). Un fantástico substituto para falar do principal viño da adega, Martín Códax, que, sorprendentemente, traía a sobremesa aos comensais.

E, para falar de sobremesas ninguén mellor que, acompañando a Iván Domínguez, o pasteleiro e mestre chocolateiro Ariel Mendizabal, finalista da Copa do Mundo de Pastelería de Lyon en 2009. Ambos retaron ao público para crear a súa propia versión de “Orballo de Martín Códax“. Así que os asistentes puxéronse ao choio. A gañadora foi María Campos, que levou unha botella de Martín Códax Gallaecia como recompensa da súa orixinalidade.

E cando parecía que xa todo finalizaba, chegaba a última das sorpresas.

Para acabar ao grande, Katia presentou en primicia o noso novo espumoso Martín Códax, unha edición limitada realizada a partir dunha vendima seleccionada a principios de setembro, e elaborado co método tradicional Champanoise. Cunha crianza de vinte meses, foi o protagonista do brinde final.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario