Comenzabamos o día poñéndonos as botas de auga e dispostos a mollarnos. As mariscadoras da Cofradía de Pescadores San Antonio esperábannos para amosarnos o duro traballo que levan a cabo e que o pudésemos vivir de primeira man. ¿Qué mellor xeito de achegarnos á Ría de Arousa e á cultura que a rodea?
Tras unha pequeña visita á lonxa, era tempo de subir á adega e adentrarnos, agora sí, no mundo do albariño.
Unha cata de aromas na que poñer a proba o olfato dos bloggers e outra a cegas para demostrar o aprendido. Unha actividade dinámica e divertida na que coñeceron non só o proceso de elaboración dos nosos viños se non que tamén aprenderon a distinguir os seus aromas e sabores. ¡Obxectivo conseguido!
Tras unha mañana tan intensa, merecíanse un bo xantar. Os rapaces do Abastos 2.0 encargáronse de que se foran coas barrigas cheas.
¡Deica sempre!