O venres 12 de setembro terminamos de repartir as donacións dos Xoves de Códax, entregando o correspondente aos beneficios obtidos da venda de entradas dos concertos celebrados no mes de agosto durante este ciclo de música estival, una vez descontadas as tasas culturais e máis os dereitos de autor.
As asociacións que recibiron as donacións, por un valor conxunto aproximado de 6.000€, son as seguintes:
- Fundación Andrea, que presta apoio aos cativos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais e cuxa finalidade é a atención e o apoio económico, moral, informativo ou de calquera outra natureza ás familias que, contando con escasos recursos económicos, teñen que coidar aos seus fillos con este tipo de doenzas. Reciben os beneficios recadados no concerto de Santiago Auserón & Ses, do 7 de agosto.No acto estivo presente Charo Barca, Presidenta da Fundación.
- Fundación Bata, de atención a persoas con autismo ou discapacidade intelectual e as súas familias, desde os 3 anos ata a idade adulta con programas de independencia e autonomía, actividades orientadas á inclusión e participación na comunidade, apoio ás familias, etc. Reciben os beneficios correspondentes ao concerto de Caxade do 14 de agosto. No acto de entrega estivo presente o Presidente da fundación, D. Fausto García Rey.
- LAR Prosaúde Mental, asociación que desenvolve actividades para a rehabilitación e recuperación das persoas que padecen enfermidades mentais graves e crónicas nos distintos dispositivos asistenciais, como son o centro de rehabilitación psicosocial e laborar, pisos protexidos, residencia e centro de menores…Esta asociación recibiu os beneficios correspondentes ao concerto de The Lákazans celebrado o 21 de agosto. Dña, Amelia Varela, Presidenta da entidade, acudiu en representación da mesma.
- Amencer-Aspace, para a atención de persoas afectadas por parálise cerebral. Dispón en Vilagarcía de Arousa do Centro Princesa Leticia centrado en dúas áreas: centro de atención integral e centro de educación especial. Reciben os beneficios correspondentes ao concerto final de Uxía, Sergio Tannus e António Zambujo. Recolleu Dña. Ana Baños, membro da súa xunta directiva.
En total, cos Xoves de Códax 8 asociacións da zona recibiron donacións por un valor de 10.000€. As outras catro asociacións, que reciberon os beneficios o pasado mes de agosto, foron Cáritas, Fundación Amigos de Galicia, Esperanza Salnés e AECC.