Entrevista á nosa enóloga Katia Álvarez sobre proxecto RETASTELED

20 de Xuño de 2022

"Os resultados obtidos achegarán un maior coñecemento que permitirá mellorar a toma de decisións nos procesos de elaboración do viño, con vistas a garantir a súa boa evolución"

"Os resultados obtidos achegarán un maior coñecemento que permitirá mellorar a toma de decisións nos procesos de elaboración do viño, con vistas a garantir a súa boa evolución"

_MG_7486R

1. En que consiste a achega e a actividade investigadoras de Adegas Martín Códax no proxecto?

Neste proxecto tentamos entender a relación entre a evolución do viño e a súa exposición á luz desde distintos puntos de vista, tanto desde a elaboración, como desde a súa evolución pola exposición directa á luz.

No caso da elaboración, tentamos pescudar que procesos teñen máis influencia na formación de precursores aromáticos responsables da aparición de gusto de luz no viño. Tamén buscamos alternativas para reducilos.

Desde o punto de vista da exposición directa á luz, fixemos un estudo das distintas etapas de elaboración para definir aquelas en as que a incidencia da luz ten máis peso/efecto sobre a evolución do viño.. Ademais, colaboramos con Prilux no desenvolvemento de luminarias respectuosas co viño, considerando desde a definición do tipo de lonxitude de onda que poden ou non emitir, até a calidade da luz emitida.

2. Cal é o rol do equipo técnico de Adegas Martín Códax en Retasteled?

Tentamos dinamizar o proxecto: desde a definición, a avaliación das necesidades, a coordinación entre os distintos departamentos de Martín Códax, até a comunicación entre os socios de consorcio. Tamén analizamos os resultados e os avances do proxecto para definir e verificar que os pasos a seguir son os correctos.

3. Que está a supor para Martín Códax colaborar nun proxecto desta envergadura?

Como ocorre con todos os proxectos, Retasteled está a permitirnos profundar no coñecemento da evolución do viño, o que resulta fundamental para garantir a calidade do noso produto.

Trátase un proxecto moi práctico cuns obxectivos moi concretos que se están alcanzado.

Ademais, a diferenza doutros proxectos de investigación, en Retasteled estamos a tentar garantir e mellorar a evolución do viño unha vez embotellado, non só nas nosas instalacións, xa que co desenvolvemento das novas luminarias imos poder ofrecer unha alternativa ao sector para protexer a evolución do viño tamén no punto de venda. Até este momento, isto non se tentou

4. Cales son os vosos obxectivos concretos no marco de Retasteled?

Fundamentalmente, incrementar a información yel coñecemento sobre a evolución do gusto de luz nos nosos viños. A información que estamos a obter está a permitirnos tomar decisións que melloren a calidade e evolución dos nosos viños dunha forma evidente grazas a poder adaptar as etapas de elaboración para minimizar o efecto da luz sobre o viño.

Doutra banda, pretendemos mellorar as condicións das nosas instalacións a través do deseño das luminarias adecuadas para garantir a correcta conservación e evolución do viño.

cof

5. Como coordinades o voso traballo todas as empresas que formades parte do consorcio? E cos centros de investigación?

Mantemos reunións telemáticas e presenciais periódicas ao longo dos anos de estudo para avaliar o progreso das actividades e os resultados, así como para expor os seguintes pasos e tamén para revisar a xestión económica do proxecto. Tamén facemos catas, das distintas probas que se van realizando, e visitas a instalacións para tomar medicións e decisións.

6. Que considerades que suporá a achega de Retasteled para o sector do viño español? E para o vitivinícola en xeral?

Os resultados obtidos achegarán un maior coñecemento que permitará mellorar a toma de decisións nos procesos de elaboración do viño, con vistas a garantir una a súa boa evolución.

Ademais , o proxecto ofrecerá unha solución ao sector co deseño de luminarias inocuas para o viño, desde o punto de vista da súa afección e do seu desenvolvemento no punto de venda.

Por outra banda, paréceme unha iniciativa diferenciadora porque creo que é das poucas ocasións nas que se vai máis aló da elaboración, tentando desenvolver unha solución que poida ser facilmente adaptada polo sector para mellorar de evolución dos viños no punto de venda.

7. A poucos meses de finalizar o proxecto, que obxectivos poderiades considerar que se alcanzaron xa?

Basicamente, optimizamos certas etapas no proceso de elaboración. Tamén nos expuxemos cambiar as nosas fontes de iluminación se os resultados finais son tal e como esperamos.

8. Persoalmente, para ti e a túa traxectoria profesional podes enumerar os aspectos máis positivos que estás a sacar da túa participación en Retasteled?

Persoalmente, está a permitirme colaborar co sector industrial da fabricación de luminarias, que habitualmente está moi desligado da elaboración do viño.

Por outra banda, paréceme moi interesante o feito de que se estea buscando unha solución para o sector vitivinícola, e non só para Martín Códax ou Ramón Bilbao. Se os resultados alcanzados son os esperados vaise a ofrecer unha ferramenta para todo o sector, desde as adegas, até a distribución como os distintos puntos de venda.

3233804

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario