Entrevista a Eduardo Martínez

24 de Setembro de 2011

Xornalista profesional dende 1974, Eduardo Martínez desempeñouse no eido das relacións internacionais e do periodismo científico. Hoxe en día é editor da revista dixital Tendencia21 dende 2001.

Xornalista profesional dende 1974, Eduardo Martínez desempeñouse no eido das relacións internacionais e do periodismo científico. Hoxe en día é editor da revista dixital Tendencia21 dende 2001.

A revista que editas xunto a Alicia Montesdeoca, Tendencias21, enmárcase no chamado “xornalismo intelixente”. Poderías explicarnos en que consiste este concepto?

O xornalismo intelixente é aquel que proporciona significado á información. É dicir, dálle un valor engadido ao contido. Deste xeito, proporciona aos lectores unha información útil para o seu crecemento persoal e profesional.

Na revista recóllense avances en ciencia, tecnoloxía, sociedade e cultura. Na túa opinión, cal cres que foi o principal avance dos realizado nos últimos dez anos?

Creo que aínda estamos a asumir os cambios derivados da revolución cuántica e da relatividade, que non só transformaron as nosas vidas con tecnoloxías que resultaban impensables hai cen anos, senón que nos obrigaron a repensar o noso xeito de coñecer e relacionarnos co mundo. Os derradeiros dez anos foron emblemáticos neste proceso xa que se deron avances significativos na informática cuántica, as neurociencias e a astronomía, entre outros campos do coñecemento avanzado.

O derradeiro mes de abril tivo lugar a primeira rede europea de Reflexión Xeopolítica na Illa de San Simón. Como xurdiu a idea?

A idea xurdiu como consecuencia do convenio de colaboración asinado entre Tendencias21 e a Fundación Illa de San Simón, que nos comprometía a desenvolver actividades na Illa do Pensamento. A idea da Rede de Reflexión Xeopolítica é a súa vez a continuación dun congreso internacional que organizamos en Madrid no ano 2005 sobre soberanía tecnolóxica de Europa, no cal partiparon algún dos expertos franceses que constituíron connosco esta Rede Xeopolítica. Tendencias21 ten unha marcada vocación humanista que es herdeira dos valores europeos esenciais e por iso nos sentimos comprometidos coa construcción dunha Europa sólida que achegue confianza e seguridade ás relacións internacionais.

A Xeopolítica foi un tema tabú en Europa. A que se debe?

Europa é un proxecto interminable sometido a  múltiples vicisitudes históricas, entre elas o abandono, o máis ben descoido, dos aspectos xeopolíticos deste proceso de construción europea. A perspectiva xeopolítica, que consiste na análise das rivalidades do poder ou influencia sobre os territorios, foi unha fonte de conflictos e diverxencias entre os estados europeos ata hoxe, polo que foi obviada para alcanzar consensos noutras frontes.

Cales foron os principais temas tratados na Illa de San Simón? A que conclusións chegastes?

A principal conclusión foi constituir a Rede de Reflexión Xeopolítica e establecer un sitio de Internet que será o lugar de encontro dos expertos que queiran avanzar neste eido. Tamén asinamos una declaración que establece oito prioriades para que Europa poida aspirar á posición que lle corresponde no mundo actual. Esta declaración traduciuse xa a varios idiomas, e estase a facer chegar ás instancias españolas, francesas e europeas.

Qué influencia pode ter este encontro no ámbito da Xeopolítica?

O noso encontro na Illa de San Simón é unha modesta contribución á recuperación da xeopolítica para a construción europea. Foi un encontro hispano-francés mais con vocación de amplialo aos expertos doutros países europeos, así como da África Mediterránea, de América Latina e de países da rexión Asia Pacífico. Pensamos que estas rexións son potenciais aliados porque obxectivamente compartimos un interese común: que Europa sexa unha potencia influente no mundo actual, ao que pode achegar valores e culturas necesarias para o reequilibrio de forzas.

No ano 2013 está previsto realizar un novo encontro. Como cres que terá cambiado o panorama para entón? Cales serán os retos que teremos que afrontar?

En realidade unha das conclusións do encontró do abril foi adiantar a nova cita para o ano 2010, coa intención de acelerar o proceso de reflexión e consolidación desta Rede Xeopolítica Europea. O principal cambio que esperamos é respecto á ampliación desta Rede e na formulación de novas recomendacións e propostas. Na xeopolítica global os cambios son moito máis lentos.

No encontro tivestes a oportunidade de asistir a unha degustación das Bodegas Martín Códax. Cal foi o viño que máis che gustou? Cal sería o mellor sitio para gozalo?

Eu persoalmente non puiden participar na degustación, pero os outros expertos que participaron, expresáronme a súa grande satisfacción pola calidade dos viños. O mellor sitio para gozalo pode ser calquera entorno natural e unha boa mesa, pero nós tivemos o privilexio de compartilo no incomparable marco da Illa de San Simón.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario