- En que momento se atopa a viticultura española? Cales son os seus puntos fortes e debilidades?
A viticultura atópase nun momento de evolución reducindo a súa superficie, e coas consecuencias de verse sometida en xeral a baixos prezos de uva e con dúas tendencias diferentes, por unha parte tratando de reducir os custos de produción e por outra integrando coñecemento e innovación, con moito camiño que percorrer.
- Cara a onde se encamiña a viticultura actual? É o camiño correcto?
Non hai unha tendencia definida. Conviven unha viticultura tecnificada cunha viticultura tradicional e cobran cada día máis forza todos aspectos relacionados coa viticultura sostible, ambiental, social e economicamente. Temos que evolucionar cara a iso aínda que aínda estamos lonxe. A viticultura ecolóxica orgánica vai espertando pouco a pouco interese e sería importante a incorporación á viticultura de moita máis xente nova e formada axeitadamente nos seus diferentes niveis.
- E a viticultura de Rías Baixas?
É unha viticultura que respecto a outras ten menos presións económicas i onde conviven tamén a viticultura tradicional e a loita por integrar todas tecnoloxías. Difícil pola estrutura minifundista e familiar desta. Mellora a mentalidade.
- Ata que punto é importante para a viticultura o I+D+i?
É imprescindible. O progreso social e económico esixe a incorporación do coñecemento e da innovación. A investigación e o desenvolvemento son básicas para o progreso en todos os sentidos. Se non hai I+D+i, o progreso está limitado e non poderemos ser competitivos.
- Afecta a crise a este tipo de investigacións?
Totalmente. Os recortes económicos de orixe públicos son tremendamente importantes e tamén hai certa falta de optimismo por parte do sector privado para dedicar medios e recursos á investigación e á innovación.
- Da túa colaboración nos proxectos de investigación e desenvolvemento de Martín Códax, Que aspectos destacas?
O desenvolvemento e o labor en equipo. Ampliar o coñecemento na viticultura dende os seus aspectos básicos como a fisioloxía e o medio ata os aspectos aplicados vinculados nas técnicas de produción. Puiden participar no desenvolvemento de novos coñecementos na comprensión das relacións entre a viticultura, o medio e as súas técnicas. Fixemos e participei na posibilidade de facer evolucionar a condución e xestión do viñedo procurando mellores uvas e desenvolvendo técnicas que melloran o manexo técnico e económico da viticultura.Un aspecto sinalado importante é a incorporación de diferentes estratexias alternativas do cultivo: sistemas de condución, poda, rego, manexo do chan etc. O último aspecto a destacar é o de ter tido a oportunidade de contribuír á formación do equipo humano de Martín Códax.
- Na túa opinión, dos nosos proxectos Cales son os que teñen unha maior aplicabilidade?
Creo que os nosos proxectos tiveron sempre un equilibrio entre os aspectos básicos e a súa aplicación. Son proxectos dirixidos á mellora do desenvolvemento do cultivo. Pola súa importancia temos que destacar o proxecto CÉNIT Demeter no que desenvolvemos técnicas para afrontar o cambio climático. Pero non quixera esquecer a importancia que tivo o establecemento de Perelondo como centro vitícola de referencia en experimentación e investigación. Tan pouco debemos esquecer proxectos como o de Zonificación que nos axudaron a coñecer a potencialidade e vocación das nosas zonas de produción. - Coñecendo os nosos viños, dinos cal é o teu favorito e en que lugar o gozariades.
Resúltame difícil destacar un porque son todos remarcables. Posiblemente Martín Códax Lías destacaríao polo seu equilibrio, complexidade e especial expresión da variedade albariño. Consumiríao por suposto a ser posible en compañía e a moi diferentes horas e momentos do día. Este viño encaixa perfectamente nas miñas comidas, nas miñas ceas, como aperitivo, pero non desprezaría a posibilidade de consumilo nunha reunión.