Entrevista a Ramón Núñez Centella

16 de Setembro de 2011

Ramón Núñez Centella naceu Na coruña en 1946. Fillo, neto e bisneto de mestres, cambiou a súa orientación profesional da industria química ao ensino das ciencias e logo á divulgación. Deseñou a Casa das Ciencias, a Casa do Home, a Casa dos Peixes Na coruña, así como o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, que actualmente dirixe. Tamén participou no deseño museolóxico doutros centros, como o Museo das Cièncias Príncipe Felipe de Valencia e o Museo da Evolución Humana en Burgos. É director e autor do guión de decenas de exposicións e programas de planetario.

Ademais, escribiu centenares de artigos de divulgación científica. É colaborador habitual en diversos medios de comunicación, como a revista Muy Interesante, e autor de libros como "Nombres Comunes, visiones propias," "Esta es mi gente" ou "Un científico en la cocina". Foi Premio Nacional de Periodismo Científico e actualmente é membro, entre outras institucións, da Academia de Gastronomía de Galicia.

Non hai dúbida de que a túa vida está vinculada á ciencia. De feito estás considerado como o impulsor da nova museoloxía científica en España. Como foi o camiño?

Moi divertido. Dende os 12 anos quedei fascinado pola química. Primeiro foi facer a carreira, despois traballar en educación e seguir aprendendo cos alumnos. Tiven o privilexio de telos dende catro anos ata universitarios. Logo foron traballos de divulgación, de comunicación e de museoloxía, de escribir, facer guións de programas de planetario e de exposicións, de deseñar museos,…

Participaches no deseño de varios museos, entre eles a Casa das Ciencias Da Coruña, a Domus, o Aquarium Finisterrae. Cal é o principal reto cando se emprende un proxecto de tal envergadura?

O medir e economizar os recursos, pois estás a usar diñeiro do pobo, do que a xente paga cos seus impostos, non do teu. E na mesma liña, que o seu funcionamento non sexa gravoso.

Hai 20 anos recibiches o Premio Nacional de Periodismo Científico. Como te sentiches no momento no que cho comunicaron?

Algo sorprendido, moi orgulloso e satisfeito. Era a primeira vez que se outorgaba o premio a alguén que non estaba a traballar nun xornal ou revista. Por entón eu facía colaboracións con distintos medios imprimidos, en radio e televisión, pero a miña principal ocupación fora docente e museolóxica.

Nunha ocasión dixeches que había que vivir a ciencia antes de empezar a ensinala. Pero, a ciencia apréndese a vivila ou nácese con iso?

Hai algunhas claves da actividade científica que son innatas, como a curiosidade, pero outras son froito da educación e forman parte da cultura, como pode ser un modo de pensar racional, o escepticismo ou aspectos do método científico. A escola é fundamental na educación científica e é imprescindible desenvolver os valores e actitudes da ciencia, así como as habilidades propias da experimentación. Iso só se consegue facendo ciencia.

Consideras a ciencia unha forma de cultura? Por que?

A ciencia é o aspecto da cultura que é máis útil para dar unha explicación ás cousas que suceden no noso mundo, para entender as nosas orixes, de onde vimos, como xurdiu a especie humana, ou a vida sobre a Terra, ou como apareceron as montañas. Tamén, xunto coa tecnoloxía, é a forma de cultura que máis pode cambiar o mundo. Grazas á ciencia evitamos que morran moitos nenos, producimos máis alimentos, vivimos máis anos, comunicámonos mellor, gozamos máis da música, da arte…

Dinos un momento da túa vida en que te sentises decepcionado pola ciencia.

Nunca da ciencia. Si, do modo que algunha vez se utilizou a tecnoloxía. Por exemplo, para matar persoas ou oprimir pobos enteiros.

Agora, cóntanos a maior alegría que che dese a ciencia.

Salvar a vida de persoas ás que quero, con cirurxía, en varias ocasións.

No Encontro Testemuños do Futuro, na Isla de San Simón, puideches degustar os nosos viños. Cal foi o que máis che gustou e que sitio elixirías para gozar del?

O Martín Códax Gallaecia deixoume un recordo especial. Persoalmente preferiríao a Sauternes e Tokaji para acompañar, por exemplo, un foie. Ou tamén uns calos. Imaxínomo nun mediodía de verán, á sombra e mirando ao mar. En Galicia, por suposto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario