Estreitando lazos comerciais con China

28 de Xuño de 2017

Bodegas Martín Códax participa na viaxe institucional da Xunta

Bodegas Martín Códax participa na viaxe institucional da Xunta

Viaje comercial a China

Do 11 ao 17 de xuño participamos, xunto a outras empresas galegas do sector agroalimentario, na viaxe institucional da Xunta de Galicia a China, co obxetivo de reforzar as ventas e a presenza dos nosos viños nun dos mercados máis importantes do mundo.

María Garrido, directora dos departamentos de Comercial e Marketing foi a responsable de representar á Bodega na misión comercial encabezada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Industria, Francisco Conde.

Durante a semana participamos en diferentes reunións e presentacións de cara a entender mellor o funcionamento do mercado chino, o seu marco regulatorio e perspectivas económicas, entrevistándonos cos importadores máis importantes.

Das reunións mantidas en Beijing e Shanghai, destacamos a participación na inauguración do evento Gastronómico de Galicia – Extravaganza xunto ao presidente da Xunta de Galicia, o cónsul de España en Shanghai e importantes cargos do departamento de Promoción Comercial da municipalidade.

Para esta viaxe contamos coas axudas do Igape e da  Xunta de Galicia, coofinanciadas polo Fondo Europeo de Desarrollo Rexional no marco operativo Feder Galicia 2014-2020, otorgados pola Unión Europea.

 


Esta empresa participa no Plan Foexga 2016-2017. Operación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desarrollo Rexional, Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Como apoio ao proceso de internacionalización, Bodegas Martín Códax, ten una axuda concedida pola Xunta de Galicia a través do IGAPE para participar no Plan de Fomento das exportacións galegas (Foexga) 2016-2017, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desarrollo Rexional no marco do Programa Operativo FEDER de Galicia 2014-2020. OT3. “Conseguir un texido empresarial máis competitivo. Una maneira de facer Europa”.

O obxectivo principal do Plan Foexga é incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das pyme galegas. O resultado que se pretende é aumentar a base das empresas exportadoras e consolidar a presencia de empresas galegas nos mercados internacionais .

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario