O vindeiro venres 26 de xuño a partires das 20.00 horas, presentaremos ao público unha mostra do traballo artístico do escultor galego Juan José Lomarti, que estará exposto na bodega durante os meses de xullo e agosto.
A exposición recollerá parte da obra de Lomarti, especialmente a realizada nos derradeiros anos. Inclúe tanto pintura como escultura cunha clara referencia á bioloxía dos seres e a súa influencia nas emocións como unha vibrante abstracción que lle da sentido á existencia.
Despois dun longo camiño relacioado coa figuración, o real, o simbólico e o social, dende o ano 2013 a obra de Juan José Lomarti convértese nunha negación de todo tipo de idearios do humán cun interese en atopar extensións da materia como argumento no espacio que vaia a ocupar a obra.
A presentación desta mostra estará aberta ao público. Para poder asistir, debido a que o aforo é limitado, cómpre que as persoas interesadas se apunten a través do teléfono 986526040 o do enderezo comercial@martincodax.com
Sobre Juan José Lomarti.
Nado en Lugo no ano 1957 empezou na arte en 1970. Trátase dun artista multidisciplinar de formación autodidacta. Aprende e practica o realismo, o simbolismo, o expresionismo, a pintura da materia y a arte conceptual, para sentir por fin a pureza da cor e as formas no espacio por medio da abstracción lírica -como negación e liberación de todos os seus anteriores traballos- á que relacioa directamente coa natureza, intentando na execución que a cor flúa por se mesma coa maior liberdade. Na súa obra participa a pintura, escultura, performance, fotografía e escritura como parte dese todo que define á arte.
Me encanta el beso con alas de presentación. Promete….