Festival Revenidas

20 de Agosto de 2015

Marieta, viño oficial

Marieta, viño oficial

conciertos revenidas

actividades revenidas

Será a edición máis internacional de Revenidas. Así o aseguraron na presentación os organizadores deste festival que se celebra os días 21, 22 e 23 de agosto en Vilaxoan e no que o noso albariño semiseco Marieta é o viño oficial un verán máis.

Nesta XII edición, Revenidas15 contará con 26 concertos de bandas procedentes de Galicia, Madrid, Valencia, Euskadi, Italia, Estados Unidos e Canadá. Unha combinación de idiomas e diferentes estilos musicais como o reggae, ska, punk, rock, pop, folque ou electrónica.

Como vén sendo habitual, a cita non só estará protagonizada pola música senón que o público poderá gozar doutras actividades como o Circo co Pobo Saharaui ou a súa famosa sardiñada popular.

Acompáñanos?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario