Festa do albariño

15 de Xullo de 2015

Habelas Hainas, Turoqua e O Sonoro Maxín na programación especial.

Habelas Hainas, Turoqua e O Sonoro Maxín na programación especial.

habelas hainas2

turoqua

o sonoro maxin cartel

A Festa do albariño aproxímase e este ano queremos celebralo por todo o alto.

Por iso, programamos diferentes actuacións tanto no ciclo de concertos Os Xoves de Códax como no Paseo da Calzada de Cambados.

No Paseo de la Calzada, achegaremos a música todos os días ata a nosa caseta a partires das 13.00 horas. Búscanos e ven a gozar dos nosos viños á vez que bailas ao ritmo das bandas Habelas Hainas, que tocarán os días 30 e 31 de xullo, e Turoqua, que o farán os 1 e 2 de agosto.

¡Celebra ao grande a Festa do Albariño!

Para completar esta gran festa, celebraremos unha nova actuación integrada no ciclo de concertos Os Xoves de Códax que terá lugar o xoves 30 de Xullo a partires das 20.30 horas na nosa terraza. O grupo protagonista deste Xoves de Códax é O Sonoro Maxín e as entradas poden adquirirse xa na tenda online da nosa páxina. Pincha aquí para adquirir entradas.

Como en todos os concertos de Os Xoves de Códax o importe das entradas será doado a unha asociación sen ánimo de lucro. Nesta ocasión, a asociación invitada ao concerto de O Sonoro Maxín será INGADA, unha organización que presta servicios de asistencia integral a persoas afectadas con TDAH e trastornos asociados.

HABELAS HAINAS E TUROQUA NO PASEO DA CALZADA

Sobre Habelas Hainas.

Sandra Tamayo, Patricia Gamallo, Arantza Alfaia e Jara Ortiz forman esta banda de música  que parte da súa raíz galega pero experimenta coa tradición, aproveitando os diferentes recursos dos instrumentos do folclore galego para crear un son enérxico, fresco e orixinal.

É no 2010 cando se cruzan os camiños destas catro mulleres de amplia traxectoria no mundo da música tradicional, para crear o proxecto “Habelas Hainas”.  O seu punto de partida é a música  tradicional galega, sentíndose parte dunha tradición longa e viva da que surde a necesidade tradicional de expresarense, sempre dende unha ollada feminista e plural.

Teñen participado en diferentes festivais, exposicións, conferencias e recitais tanto a nivel nacional como internacional así como en diferentes documentais como “Deu centimetres més a prop del cel” ou “Hymne de Femmes”.

Data: 30 e 31 de xullo
Horario: De 13 a 15 horas
Espazo: Caseta de Bodegas Martín Códax no Paseo da Calzada

 

Sobre Turoqua.

Nova banda do músico Marcelo DoBode, acompañado por Cibran Seixo ao violín, Rubén Monteagudo co acordeón e Alberto García á guitarra.

Despois da súa extrea en Barcelona veñen a Galicia a interpretar as súas músicas como a agua que baixa das montañas fresca e transparente. As súas composicións farán que o público non deixe de bailar e gozar da música da nosa terra.

Datas: 1 e 2 de agosto.
Horario: De 13 a 15 horas
Espazo: Caseta de Bodegas Martín Códax no Paseo da Calzada

 

O SONORO MAXÍN NOS XOVES DE CÓDAX

O Sonoro Maxín naceu no verán de 2007 a partir del reencontro de vellos amigos y coñecedos da música galega que formaban parte de proxectos como Lamatumbá, Cinnamon Gum, Mutenrohi ou The Pigmalions.  Estreabanse en Ourense, a súa ciudade natal  e ao longo destes anos percorreron a xeografía galega e portuguesa con máis de 150 concertos compartindo escea con  grupos como Manu Chao & Radio Bemba Sound System, Shantel & Bucovina Club Orkestar, Tonino Carotone, Los Delinqüentes, La Troba Kung-Fú ou Che Sudaka.

Ico como cantante, Abraham el niño á guitarra, Cristina Asenjo ao acordeón, Xurxo Brea ao baixo e Jaime Mateo á batería presentarán ao público dos Xoves a súa música baseada nunha mestura de cumbia, reggae, rock, ranchera, bolero ou vallenato, ademais de sorprenderlles con algúns dos seus últimos temas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario