Gaastra PalmaVela

11 de Maio de 2016

Martín Códax, viño branco oficial

Martín Códax, viño branco oficial

gaastrapalma

gaastrapalma1

gaastrapalma2

gaastrapalma3

gaastrapalma4

gaastrapalma5

O noso vínculo co mar levounos este ano a ser o viño branco oficial da décimo terceira edición da regata Gaastra PalmaVela celebrada este mes na bahía de Palma de Mallorca. Tras catro xornadas de competición, nas que reuniu a 110 embarcacións de 17 nacionalidades, a Gaastra PalmaVela demostrou que é xa todo un referente entre as grandes regatas internacionais. 

A meteoroloxía non llo puso nada fácil aos regatistas das trece categorías pero o espectáculo non faltou. 

Os barcos aproveitaron o poco vento disponible pero ao final o triunfo na clase Maxi levouno o holandés Lionheart.

ATP52 estivo caracterizada pola igualdade. Aínda que cinco barcos lograron victorias parciais, o Quantum Racing foi o que consiguiú o liderato. E en IRC o duelo disputarono o Music e o Dos Much mais foi finalmente a primeira embarcación a que se fixo con primeiro posto.

Por primeira vez disputábase tamén a clase Swan 45 con sete barcos monotipo, con vitoria final do Elena Nova. E, ata puídose engadir un récord á regata pois na clase Wally cada día terminou cun barco diferente ao frente da táboa. O título decidiuse ao final por un punto e foi parar ao J One.

O resto das clases tamén disfrutaron de Palma. Tanto J80 coma Flying Fifteen e Dragón completaron oito mangas. En J80, o título correspondeu ao HM Hotels. En Flying Fifteen gañou o Fine Fettle e a clase Dragón estivo dominada de principio a fin polo Gunter.

A organización distribuiú aos 36 componentes de clase The Singular Kitchen ORC en catro grupos. En ORC 0,  o título correspondeu ao Grupo Clínico Dr. Luis Senís ; en ORC 1 impúxose o Fyord-Maverta; en ORC 2 gañou o Just the Job e o  Sirpy en ORC 3-4.

Entre os clásicos, o título de Bermudiano correspondeu ao Sonata  e o de clase Cangreja ao Moonbeam IV .

Por último, os gañadores de Vela Adaptada foron o Fundación Alex 1  en clase Hansa 303 Individual e o Fundación Handisport 1 en Hansa 303 Doble.

A regata Gaastra PalmaVela estivo organizada polo Real Club Náutico de Palma e a Real Federación Española de Vela, coa colaboración da Federación Balear de Vela, o Club Náutic S’Arenal e a Autoridad Portuaria de Balears.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario