O xigante asiático

21 de Xaneiro de 2014

Implantación no mercado chinés

Implantación no mercado chinés

Logos_web

A entrada no mercado chinés supuxo un dos nosos principais retos de internacionalización xa dende o ano 2010. Non obstante, non foi ata agora cando a adega empezou a asentar as bases definitivas para logralo.

O camiño cara á conquista do xigante asiático pasou pola creación no 2013 dunha empresa en Shangai, Galicia Food & Drink Shanghai-China, creada mediante un consorcio con outras catro empresas galegas pertencentes a diferentes sectores, proxecto PRIMEX CHINA cofinanciado polos Fondos Feder. Deste modo, a adega conta dende este ano cunha oficina comercial cuxo obxectivo é a busca de importadores nas principais capitais e o posicionamento da marca Martín Códax entre os principais viños de importación no país.

Nestes momentos a adega ten introducidas algunhas das súas marcas emblemáticas, como Martín Códax, Cuatro Pasos ou Marieta en cidades como Shangai ou Hong Kong a través de tres importadores diferentes que lograron conseguir que o viño chegue a bares e restaurantes, a canle a través da cal se comercializan prioritariament os viños de calidade.

Os premios recibidos polos nosos viños nos últimos anos que suman máis de medio centenar de galardóns e a asistencia a feiras axudan moito a incrementar a nosa presenza en China. Ao longo do 2014 volveremos asistir á Fook & Hotel Fair, unha das principais feiras do país, e asistiremos tamén á de Sial no mes de maio, outra das citas indispensables entre os principais importadores e distribuidores asiáticos.

Na actualidade, se ben o consumo de viño en China é moderado estase a producir un repunte deste, sobre todo de viños embotellados de importación polo que non é de estrañar que a adega teña posta grandes expectativas neste país. Trátase dunha estratexia a longo prazo pero estímase que en aproximadamente cinco anos China sexa un dos principais mercados de Martín Códax.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario