Importancia do laboreo no viñedo
18 de Abril de 2017
Técnicas de mantemento do chan no viñedo
Técnicas de mantemento do chan no viñedo
As técnicas de mantemento do viñedo son necesarias para crear e manter un medio favorable para o crecemento e actividade das raíces da cepa, por iso en Bodegas Martín Cödax as consideremos tan importantes.
Unha das técnicas máis utilizadas en viñedo é olaboreo, combinado con cubertas vexetais. A súa finalidade é eliminar a flora adventicia ou “malas herbas”, mellorar as propiedades do chan (físicas, químicas e biolóxicas), controlar os parásitos e facilitar o manexo do cultivo.
Grazas a estas labores conséguese mellorar a aireación do terreo, mantendo o chan cunha estructura determinada e así mellorar as condicións de vida das plantas cultivadas.
O mantemento das adecuadas condicións no chan no cultivo da vide é ademais primordial para minimizar a competencia pola auga nos momentos nos que as cepas necesitan máis aporte hídrico.
Estes traballos poden poñerse en práctica con distintas técnicas: enterramento (vertedeira), arranque (cultivador), fracionamiento (fresadora) ou incluso a cava manual, sendo a práctica máis habitual o uso do motocultor ou fresado con tractor.
A pesares dos beneficios que o laboreo presenta para o viñedo, éste non é recomendable en tódolos casos como, por exemplo, as novas plantacións, nas que os sistema radicular das cepas non está o suficientemente consolidado.
O laboreo tampouco se debe poñer en práctica en parcelas con pendente superior ao 10%, porque se aumentaría a erosión e o risco de arrastre.
Deixa unha resposta
codax
40 comentariosManuel Ferreiro
2 comentariosMultihomespain
2 comentariosSole
2 comentariosAlejandro Martínez
1 comentarioalicia bará
1 comentario