Industria 4.0

05 de Setembro de 2016

A revolución industrial

A revolución industrial

industria4.0-martincodax

Avanzamos cara a unha sociedade en constante cambio e con demandas cada vez máis esixentes e de índoles moi diversas. É por iso que, para facer fronte a esta situación, é necesario ser capaz de adaptarse ás necesidades e aos procesos de produción, sendo máis eficientes no uso dos recursos e, por suposto, respectuosos co medio ambiente.

Sen dúbida, no camiño cara á sustentabilidade económica, social e ambiental, a chamada Industria 4.0 xogará un papel fundamental. Unha nova forma de organizar os medios de produción, cunha adecuada dixitalización e coordinación e moito mellor comunicadas entre si e cos mercados da oferta e a demanda.

Precisamente, nesta revolución industrial está a traballar Bodegas Martín Códax, adecuando os seus procesos tanto no campo como na bodega a esta nova forma de facer as cousas. No ámbito da viticultura por exemplo, son varios anos xa os dedicados a prácticas de precisión grazas ao uso de novas tecnoloxías como a teledetección e de ferramentas como drons ou fotos por satélite. Técnicas que ademais de servir para optimizar o uso de recursos limitados, axudarán a reducir os gases de efecto invernadoiro.

A nova liña de embotellado na que investiu a bodega nos últimos meses, é outro exemplo. Con capacidade de envasado de viños de diferentes estilos, como os espumosos, tamén permite o emprego de novos e diversos formatos de botellas demandados polas tendencias de mercado. Ademais, a alimentación de botellas, o fin de liña e a paletización están automatizadas o que permite optimizar así mesmo o rendemento da liña.

O último dos proxectos no que está inmerso Martín Códax foi premiado no Concurso de Ideas Industria 4.0, convocado polo Instituto Galego de Promoción Económica, IGAPE. Iniciativa do Clúster de Alimentación de Galicia, en colaboración co centro tecnolóxico CECOPESCA e no que participan outras empresas galegas do sector lácteo e hortofrutícola, ten o obxectivo de avanzar no uso intelixente da información dirixida para contribuír a mellorar a competitividade, sustentabilidade e a innovación na cadea de valor dos alimentos e bebidas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario