Hai uns días o equipo de viticultura tivo a oportunidade de asistir a unha demostración das novas tecnoloxías e innovacións aplicadas ao desprazamento no campo. A empresa italiana Antonio Carraro visitábanos para presentarnos o seu novo Mach 4 un cuadricadena articulado reversible para a agricultura especializada que garante a estabilidade en todo tipo de circunstancias. Entre proba e proba a demostración pasou voando e temos fotos que o corroboran.