IVAHM

21 de Xuño de 2013

Festival Internacional Video Art House Madrid

Festival Internacional Video Art House Madrid

O IVAHM´13, celebrado entre o 6 e o 9 de xuño, contou coas compilacións realizadas por curadores de Finlandia (próximo convidado da Feira ARCO 2014) e Suecia, cuxos maiores expoñentes foron os artistas Anders Weberg director do Festival sueco de Video Arte AIVA e Engano Soppella director de Artist’Association MUU (Finlandia), que chegaron ao noso país tras o seu recente paso pola Bienal de Venecia. Dentro da programación estiveron presentes Petra Havu, Directora da Asociación de Artistas Finlandeses, unha retrospectiva do artista francés Jean Gabrielle Périot; e o danés Christien Bach, grazas á colaboración da Embaixada de Dinamarca.

Entre os invitados a este evento, Liliana Olbrach (Israel), Tomas Wells (Chile) e Mashira Tsutani (Xapón) Shon Kim (Corea do Sur) Yu-Shen Su (Taiwan) Lee Hyung-suk (Corea do Sur).

Con vocación europea

Un dos puntos fortes do IVAHM deste ano foi o congreso que se celebrou o sábado pola mañá, no que, baixo o lema “Outra Europa é posible”, participaron entre outros, Susana de la Sierra, Directora Xeral do Instituto de Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA); Auli Leskinnen, Directora do Instituto Iberoamericano de Finlandia; Eva Hannikannen, agregada cultural da embaixada de Finlandia; Catherina Shook, chanceler de Cultura e Prensa da Embaixada de Suecia. Tamén foron invitados artistas internacionais, cos que se debateu sobre a diversidade cultural europea como nexo de unión, rompendo así co eurocentrismo dominante. Ao termo do congreso, os asistentes puideron gozar dunha cata de Martín Códax á que foron invitados pola adega. A tarde do sábado, o Festival presentou en La Filmoteca Española a obra sueca El sacrificio do cineasta Andréi Tarkovsky e o domingo, o Comisariado de MUU Video 2013.

Así mesmo o domingo o IVAHM que colabora con Crambo Audiovisuales fixo entrega dos premios DS Video Art, que recaeu sobre A Fora de Marc Capdevila, Albert Balasch e Tiá Zanoguera.

en el vídeo A Fora (España) de Marc Capdevila, Albert Balasch y Tiá Zanoguera – See more at: http://www.crambovisuales.es/a-fora-ganadora-del-i-concurso-internacional-ds-video-art-organizado-por-crambo-visuales-e-ivahm#sthash.Xs5yNDOO.dpuf

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario