O director xeral de Bodegas Martín Códax, Juan Vázquez Gancedo foi recoñecido como Personaje del Año del Sector del Vino 2023, segundo a guía Wine Up! de viños, destilados e vermut 2023.
A décima edición desta coñecida guía, presentada durante a xornada de onte en FENAVIN, que se celebra estes días en Ciudad Real, destaca que, dende a primeira edición, a guía fixo o nomeamento dunha persona que destacou pola súa traxectoria profesional no sector do vió e, este ano o renoñecemento é para Juan Vázquez Gancedo, director xeral de Bodegas Martín Códax
Juan Vázquez Gancedo destaca que, por riba dos seus méritos, “a fortuna de estar no momento preciso no lugar adecuado” e de atoparse cun “conosistemas no que nacen uns viños únicos; e un equipo humán inmellorable composto por viticultores apaixoados polo seu traballo e pola súa terra, agrónomos, enólogos e un largo etcétera cunha dedicación que fai posible que o noso traballo chegue á mesa de restaurantes e fogares de medio mundo”.
O sector vitivinícola a nivel nacional e internacional recoñeceu, en enteriores ocasión, a traxectoria do director xeral de Bodegas Martín Códax. Foi nomeado Personalidad del Año 2017 polos International Wine Challenge Merchant Awards e galardoado co Premio Honorífico nos Premios Galicia Alimentación 2020, co Premio D. Luis Hidalgo á Trayectoria y a la Innovación en Enofusión 2019 e Distinguido co Premio Honorífico nos Premios Paraguas de Comunicación y Marketing de Galicia 2017.
Licenciado en Ciencias Empresariales, Juan Vázquez Gancedo é director xeral de Bodegas Martín Códax dende 1995, e é tamén viticultor e socio de Viticultores Martín Códax S. CoopGalega. Foi vicepresidente durante cinco anos e presidente durante catro anos do Clúster Alimentario de Galicia, do que actualmente é membro da Xunta Directiva. Entre os cargos que ocupa, é presidente do Comité de Marketing da Organización Interprofesional del Vino de España e presidente da Comisión de Marketing y Comunicación de la Federación Española del Vino.
Dende a súa incorporación á compañía, catalizou o crecemento e a evolución da bodega, conservando os valores fundacionais, ó tempo que innovaba e posicionaba á empresa nos mercados internacionais. Bodegas Martín Códax é un emblema dos viños galegos dentro e fora das nosas fronteiras.