Juan Vázquez, Personalidade do Ano 2017

20 de Outubro de 2017

International Wine Challenge Merchant Awards

International Wine Challenge Merchant Awards

juanvazquez-personalidad-del-año-merchant-awards 1

[/mcodax-texto]

A adega vístese de gala! Porque un recoñecemento coma este, meréceo. E é que o noso director, Juan Vázquez Gancedo, foi recoñecido recentemente como Personalidade do Ano 2017 no mundo do viño polos International Wine Challenge Merchant Awards en España.

A distinción, que recibiu en persoa na entrega de premios de Madrid, recoñece a súa aposta polo viño de calidade na zona noroeste de España e todo o labor realizado para achegar o viño e a súa cultura ao público. Ademais, o xurado tamén quixo destacar o importante papel das cooperativas, como a nosa, que elaboran o 65% do viño que se produce no noso país.

No acto, Juan Vázquez Gancedo quixo agradecer este nomeamento e destacou “a ousadía do xurado por nomear Personalidade do Ano 2017 a un cooperativista”, resaltando os valores deste tipo de sociedade, como “o esforzo, perseveranza, solidariedade e responsabilidade social corporativa baseada nos eixos económicos, social e ambiental“. “O cooperativismo pode axudar a dar resposta a moitas das necesidades que a nosa sociedade ten”, declarou.

Gancedo quixo tamén poñer en valor o “ecosistema de ilusión que lle rodea: a terra, o mar e as persoas” dando as grazas ao equipo de profesionais co que conta, desde os viticultores ata os distribuidores, que “fan posible que o noso traballo e ilusións cheguen á mesa dos mellores restaurantes”.

A adega suma así outra nova da que enorgullecerse á recente distinción de Mellor Xestión do I+D+i 2016 pola publicación Mercados do Viño e a Distribución así como aos nomeamentos de Mellor Grupo Cooperativo do ano e Mellor Adega pola Guía Sen Mala Uva nos anos 2016 e 2015.

[/mcodax-texto]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario