A prestixiosa revista especializada en viños, The Drink Business, publicaba recentemente un artigo sobre as 10 mellores enólogas en España. E non podemos estar máis orgullosos. Entre elas, estaba a nosa directora de enoloxía, Katia Álvarez. Tras anos traballando neste sector, principalmente coa uva albariña, fíxose un oco entre as grandes profesionais do país, á altura de enólogas de importantes bodegas como Vega Sicilia, Marqués de Cáceres ou Torres.
Lucy Shaw, a autora do artigo, destaca de Katia o seu estilo de elaboración baseado no respecto ao varietal. Resalta tamén os comezos da nosa enóloga e o seu contacto directo e continuo co viño grazas á afección da súa familia. Feito que lle motivou a estudar enoloxía e a facer diso a súa profesión.
A publicación inglesa fai tamén fincapé no empeño e traballo de Katia Álvarez para chegar a entender a uva e levala á súa máxima expresión, co obxectivo de ser fiel á súa orixe e á súa tipicidade.
Queres ler a entrevista completa? Fai click aquí.
Estimada Katia,
Me alegra mucho ver noticias como ésta, que me indican que todo te va genial.
Solo quería aprovechar la ocasión para felicitarte, a ti y a toda la familia de Martín Códax.
Un abrazo y espero que nos veamos pronto,
Saludos,
¡Hola Daniel!
Trasladamos tu felicitación a Katia.
¡Saludos!