“Os Xoves de Códax” non deixan de sorprendernos con fusións incribles. Esta vez o espectáculo veu con Kiko Veneno, quen leva máis de 40 anos creando cancións e algúns dos discos máis importantes para entender a música española, con un músico galego como Baiuca, que usa samplers de instrumentación tradicional (cunchas, frautas, gaitas, pandeiretas…), ao son do techno, do global bass e ata do house e coa presenza sorpresa de Marcelo Dobode, non deixando a ninguén indiferente na nosa terraza.
Queres revivir o concerto? Preme no vídeo!