A crítica valora con sobresaínte os viños Martín Códax

18 de Decembro de 2018

As principais guías vitivinícolas certifican a súa calidade

As principais guías vitivinícolas certifican a súa calidade

A só unhas semanas de rematar o ano, as principais guías vitivinícolas xa saíron ao mercado e, se en algo coincidiu a crítica, é que os nosos viños melloran ano tras ano. E é que todas elas outorgan sobresaíentes á nosa principal gama de albariños!

Martín Códax, Lías, Vindel e Gallaecia son os viños que acadaron as mellores valoracións dos expertos. Niso teñen moito que ver os nosos viticultores e enólogos, que levan anos traballando para seguir mellorando a calidade dos nosos produtos.

Unha das nosas marcas máis coñecidas, Martín Códax (2017) -que acaba de facerse cun ouro nos Premios Magnum 2018-, conseguiu 92 puntos na Guía 365 vinos al año 2019 da revista Vivir el Vino e con 90 puntos na Guía Gourmets 2019.

Tamén foron fantásticas as puntuacións obtidas polo noso albariño elaborado sobre leas, Martín Códax Lías (2015). O que xa foi recoñecido como Mellor Viño Branco Novo sen barrica de España AEPEV en dúas ocasións, foi valorado con 95 puntos na Guía Proensa, 93 puntos na Guía 365 vinos al año de Vivir el Vino, 92+ na Guía Vino ABC e 92 puntos na Guía Peñín.

Pola súa banda, Martín Códax Vindel (2015), resultado dunha viticultura extrema, foi valorado polos expertos da Guía Peñín con 92 puntos, na Guía Vino ABC con 93 puntos e tanto na Guía 365 vinos al año 2019 de Vivir el Vino como na Guía Gourmets, con 95 puntos.

Pero os expertos coincidiron en outorgar as valoracións máis altas para un albariño froito da paciencia e a vendima tardía, Martín Códax Gallaecia (2013). Cunha alta porcentaxe de botritis nobre, Gallaecia fíxose con 96 puntos na Guía Gourmets, 94 puntos na Guía Peñín e 92 puntos na Guía Proensa.

Os profesionais do sector téñeno claro. E ti, xa os probaches todos?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario