A EXPOSICIÓN FRAGMENTOS DE ONTE AMPLIADA A TA O 26 DE AGOSTO, NA IGREXA DA UNIVERSIDADE

09 de Agosto de 2023

A Exposición, organizada por Bodegas Martín Códax, estará aberta do 10 ao 26 de agosto

A Exposición, organizada por Bodegas Martín Códax, estará aberta do 10 ao 26 de agosto

Exposición Fragmentos de Onte_211

Debido ao éxito de acollida por parte dos visitantes á Exposición Fragmentos de Onte, organizada por Bodegas Martín Códax e a Asociación Sete Espadelas, na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela, volve a abrir as portas do 10 ao 26 de agosto. Dende a súa apertura o pasado 21 de xuño, máis de 8500 personas visitaron este espazo onde poder gozar da magnífica colección de fotografías de Ruth Matilda Anderson e os traxes e os complementos da Galicia de 1925 e 1926.
A Exposición das fotografías da americana Ruth Matilda Anderson, poderá visitarse de maneira gratuita ata o 26 de agosto de martes a sábados de 11:00 a 14:30 e de 17:30 a 20:30 e domingos de 11:00 a 14:30 horas.
Fragmentos de Onte é unha escolma de máis de 60 traxes, froito de cinco anos de estudo, busca, análise e recuperación sobre a viaxe e o libro da fotógrafa americana que recolle o traballo froito das expedición que fixo a Galicia entre 1924 e 1926. Trátase dun rigoroso traballo de investigación co que se pretende reproducir, ante os ollos do visitante, o que viu Ruth Matilda cando chegou a Galicia da maneira máis exacta posible. O espectador poderá amosar preto de mil pezas de roupa (unha gran porcentaxe delas antigas ou reproducidas a partir de padróns e tecidos antigos) e tamén aparellos de labranza, obxectos do fogar e diferentes elementos orixinais da época.
Unha viaxe no tempo, cen anos atrás, onde recuperar os vellos oficios xa esquecidos, as feiras, as romarías, os traballos no mar e no campo… En definitiva, toda a nosa cultura popular, a través das fotografías da americana.

Edición Especial Fragmentos de Onte

A etiqueta habitual do albariño Martín Códax xa é en si mesma unha homenaxe á cultura galega e a un dos personaxes que máis contribuiu á consolidación do noso idioma. E agora, por tempo limitado, rendirá tributo ás profesións máis artesanais que se realizan en Galicia, e que, moitas delas, aínda permanecen.
As redeiras de Marín, as leiteiras de Muros, as mariscadoras de Carril ou as palilleiras de Muxía, xunto cas oleiras de Niñodaguia en Ourense ou as vendedoras da Praza da Leña en Pontevedra represéntanse en cada unha das seis botellas desta Edición Especial Fragmentos de Onte.

Toda a información da Edición Especial e da Exposición poderá atoparse na web de Bodegas Martín Códax: https://mtr.bio/bodegasmartincodax

Exposición Fragmentos de Onte_12323

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario