Non podemos estar máis contentos! Este luns recibiamos o Premio Fulget 2018, un galardón que concede a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago (USC) co que se recoñece a nosa colaboración en accións que buscan mellorar as relacións entre a actividade académica e o entorno profesional.
O noso director xeral, Juan A. Vázquez Gancedo, foi o encargado de recoller o galardón nun acto enmarcado dentro do programa da festividade do patrón da Facultade, San Vicente Ferrer.
A candidatura de Martín Códax presentouna o Grupo de investigación innovación, cambio estrutural e desenvolvemento (ICEDE) que dirixe Xavier Vence, polo traballo en innovación e investigación, sustentabilidade e apoio á vida cultural e artística galega que se realiza dende bodega. A esta candidatura adheriuse posteriormente o Máster de Comercio Exterior (Mascomex).
Na súa intervención Juan A. Vázquez, despois de trasladar o agradecemento de todos os traballadores da cooperativa, afirmou que “destinamos gran parte dos nosos recursos á investigación e á lograr a sustentabilidade ambiental, a través de proxectos tanto propio como colectivos con outras entidades e bodegas a nivel nacional e internacional, todo para lograr adaptarnos ao cambio climático e una viticultura sostible”.
O noso director xeral tamén falou do importante que é “contar coas novas xeracións, cada vez más formadas e preparadas para dar resposta ás demandas dos consumidores”, “por iso contamos cada vez un equipo humano más novo e máis formado”, para poder adaptarnos aos cambios od mercado.
Este galardón súmase aos últimos outorgados á cooperativa, entre eles o Premio Pyme Carrefour á empresa máis innovadora de Galicia 2018, Mellor Bodega do Ano por Vivir el Vino 2018, Mellor Grupo Cooperativo pola guía Sin Mala Uva 2016, e Mellor Xestión en I+D+i 2016 outorgado polos Premios Empresariais da publicación especializada Mercados del Vino y la Distribución.
Premio Fulget
O Premio Fulget é un galardón de periodicidade anual que concede a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC dende o ano 2008. A comisión de Actividades Complementarias á Docencia (ACD) da Facultade, encabezada pola vicedecana de Relacións coas Empresas e Institucións, María Rosario Vidal Lopo, e composta tamén por dous representantes do profesorado, un estudante e un representante do PAS, é quen escolle a candidatura gañadora, que logo é ratificada pola Xunta da Facultade.
Dende a súa creación, o premio foi concedido a empresas como Finsa ou Televés, entre outras, sendo este o segundo ano consecutivo que outorgan este recoñecemento a unha cooperativa, despois de premiar a Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) na pasada edición.