Non é a primeira vez que os poetas inundan as rúas da cidade olívica. De feito, esta foi o cuarto ano consecutivo que acontece. Decenas de inquedos axitadores que mostran as súas formas de pensar, de actuar e de comunicarse co público presente. É o IV Festival Kerouac, Polipoético de Vigo.
Organizado por La Fiesta de los Maniquíes, o pasado 25 de outubro Vigo celebraba este festival de poesía que acollía a participación de decenas de poetas e artistas tanto galegos como do resto de España. Unha xornada onde ver e escoitar poesía, música, performances e outras formas de expresión artísticas.
Entre os representantes galegos destacaron o vigués Francisco Castro, un dos escritores máis activos de Editorial Galaxia, Ruth Oliveira, escritora e bloguera que recentemente publicaba “O Corazón tecido de Catalina”, e Jesús Tejada que presentaba os seus proxectos poéticos coa poetisa Silvia Penas (Cinta Adhesiva) e a dramaturga Iría Pinheiro (Dandi Lady).
Kerouac tamén deu cabida ao hip hop, representado por Seilaesencia, ás expresións pictóricas coas obras de EWA, PatriciaMeira ou David Arambarri ou ás mostras audiovisuais como o proxecto FiiNDA.
Dende Madrid chegou tamén o mediático locutor e produtor de radio Javier Gallego Crudo, responsable do programa Carne Cruda, presentando o seu poemario “Abolición de la pena de muerte”. Batania , alias Neorrabioso, practicou o vandalismo poético en festivais e muros -reais e virtuais, con moitos seguidores en redes sociais- de toda España e Olaia Pazos, ferrolana afincada en Madrid, regresaba á terra coa súa poesía de alta sensibilidade.
En resumo, un festival que ademais de posicionar a Vigo como cidade poética no mapa cultural nacional, nos ensina que a poesía é moderna e cosmopolita. Deixou de ser aburrida e paséase desnuda polas rúas, galerías de arte e polos bares á vista de todos. A poesía é necesaria para a vida e pode cambiar o mundo.
A poesía invade Vigo
27 de Outubro de 2014
IV Festival Kerouac, Polipoético de Vigo
IV Festival Kerouac, Polipoético de Vigo
Deixa unha resposta
Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
codax
40 comentariosManuel Ferreiro
2 comentariosMultihomespain
2 comentariosSole
2 comentariosAlejandro Martínez
1 comentarioalicia bará
1 comentario