A XI edición do Outono Códax Festival comeza hoxe en Santiago de Compostela

11 de Novembro de 2021

O festival da música negra, que se celebra do 11 de novembro ao 11 de decembro, consta dunha programación de actividades paralelas entre as que destacan as catas “Xoves en branco”

O festival da música negra, que se celebra do 11 de novembro ao 11 de decembro, consta dunha programación de actividades paralelas entre as que destacan as catas “Xoves en branco”

MEDIA_PAGINA_EL_FARO_252mmX170,5mm

Homenaxeando este ano ao crisol multicultural de Nova Orleans da comezo a XI edición do Outono Códax Festival, que se celebrará do 11 de novembro ao 11 de decembro, inaugurándose hoxe co concerto da diva do soul estadounidense Judith Hill no Auditorio de Galicia e que se prolongará cunha programación de concertos e actividades paralelas que converterán a Santiago de Compostela no epicentro da actividade cultural.

O Outono Códax Festival de referencia de música negra patrocinado pola nosa bodega, acollerá xéneros coma o soul, o jazz, o R&B ou o blues da man de artistas da talla dos estadounidenses Judith Hill, Aurora Nealand e Big Daddy Wilson, o londinense Izo Fitzroy, o francés Theo Lawrence ou os madrileños NOLA Brass Band Experience; sen esquecer o apoio continuo edición tras edición ás bandas galegas do xénero como son Martins Aneiros Band, Néstor Pardo, Carlos Childe ou All Night Workers, que actúan nesta edición.

ESENCIA MARTIN CODAX

 

Entre as actividades paralelas dentro da programación do Outono Códax Festival inclúense charlas, presentacións de libros, sesións de DJ’s e xornadas gastronómicas inspiradas na cocina Cajún así coma os “Xoves en Branco”, consistentes en catas maridaxe da man de restaurantes de vangarda acompañados da mellor selección dos nosos viños.

A serie os “Xoves en Branco” terán lugar o xoves 18 de novembro no Restaurante Benedita Elisa, o 25 de novembro no Hotel Virxe da Cerca e por último, no Restaurante Flamingo o 2 de decembro e consistirá en 3 propostas gastronómicas por restaurante maridadas con tres viños diferentes da gama Martín Códax. A estas catas poderase acceder por orde de inscrición cando a organización as anuncie en redes sociais, co único requisito de ser posuidor dunha entrada ou abono para o festival. Tamén se sortearán prazas para acudir aos “Xoves en Branco” nas nosas redes sociais, sendo estas prazas de acceso libre sen precisar neste último caso cumprir co requisito anterior.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario