Un ano máis Cambados celebra a súa popular Festa do Albariño, que este ano alcanza o seu 59 edición. Miles de persoas chegadas dende toda Galicia e España gozarán estes días dos viños de Rías Baixas xa que nesta ocasión participan un total de 40 adegas. Aínda que non fai falta dicir cal é o posto que terá máis éxito nesta edición: o de Bodegas Martín Códax.
Ademais, nesta ocasión e por primeira vez, o Consello Regulador Rías Baixas creou o chamado Túnel do Viño, un espazo para todos aqueles que queiran probar os máis de 100 viños que alí se presentan: entre eles Martín Códax, Martín Códax Lías, Organistrum e Gallaecia.
Para ir abrindo boca, deixámosvos unhas fotos da inauguración da festa, que tivo lugar o mércores 3 de agosto. Esperámosvos a todos no noso posto!