Martín Códax foi outro dos protagonistas do quinto Spring Weekend do London Spanish Film Festival que mostrou na capital inglesa unha seleccion das mellores películas producidas en España durante o pasado ano.
Dende o 17 ata o 19 de abril, o público londiniense puido gozar, no Ciné Lumière (en South Kensington), de títulos como El Niño, de Daniel Monzón; La Isla Mínima, dirixida por Alberto Rodríguez e gañadora de nove Goyas ou Todos están muertos de Beatriz Sanchís.
Ao festival acudiron algúns dos actores e directores dos films que se proxectaron para presentalos en persoa aos espectadores.
As películas presentadas foron as seguintes:
10.000 KM, de Carlos Marqués-Marcet.
La Isla Mínima, de Alberto Rodríguez.
La Vida Inesperada, de Jorge Torregrossa
Todos están mortos, de Beatriz Sanchís
El Niño, de Daniel Monzón
Na inauguración do London Spanish Film Festival’s 5th Spring Weekend, os asistentes puideron gozar ademais do noso buque insignia así como noutras recepcións que tiveron lugar ao longo do fin de semana.
Bodegas Martín Códax non podía perderse esta cita co cine español e o seu viño foi elixido pola organización do evento, levada a cabo pola asociación Tristana Media, debido ao apoio que outorgou a adega en anteriores ocasións ao cine e a cultura en xeral, tanto dentro coma fóra das nosas fronteiras.
Fotos por Pablo Goikoetxea