A música acompañounos o mes de xullo e o seguirá facendo tamén durante agosto. E como non hai celebración que se precie sen boa música, tamén o fará na nosa gran festa: A Festa do Albariño.
Do 3 ao 7 de agosto, celebramos en Cambados a Festa do Albariño e facémolo por todo o alto. Para ello, teremos connosco a un dos grupos de pop-indie máis punteros do momento, non só a nivel de Galicia, se non tamén nacional. Gañadores dos Premios Martín Códax da Música 2013 na súa categoría, Eladio e Os Seres Queridos serán os protagonistas dos Xoves de Códax no que é o primeiro concerto do mes de agosto deste ciclo, que completou aforo un xoves si e outro tamén.
Pero non queda ahí a festa. Ímonos coa música a outra parte. En concreto, ao Paseo da Calzada de Cambados, epicentro da Festa do Albariño. Alí, enfronte da caseta de Martín Códax, o público bailará ao ritmo dos Bregadiers, unha banda de música de rúa formada por cinco integrantes cunha longa traxectoria ás súas costas e con tal cantidade de kilómetros percorridos que poderiamos dar a volta ao mundo.
Queres ser parte do mellor plan para esta Festa do Albariño? Xa sabes onde estamos!
Se nestas festas non disfrutas, non será porque no che avisamos.
Esperámosvos na Festa do Albariño!