Martín Códax 2018 suma un ouro en CINVE ao seu palmarés

25 de Abril de 2019

15ª edición do Concurso Internacional de Viños e Espirituosos (CINVE)

15ª edición do Concurso Internacional de Viños e Espirituosos (CINVE)

Oro MCodax_2

Seguimos sumando recoñecementos para a colleita 2018 de Martín Códax!

Na súa 15ª edición, o xurado do concurso Internacional de Viños e Espirituosos ( CINVE) outorgoulle ao noso albariño nada menos que unha medalla de ouro na categoría de Viños Tranquilos.

Nesta edición, que se celebrou en Cáceres, expertos enólogos e xornalistas especializados en gastronomía xulgaron máis de 1200 mostras de viño, aceite, sake e shochu procedentes de diversos países como Tunes, Xapón ou Sudáfrica.

Martín Códax fíxose cun ouro neste concurso ao ser valorado con máis de 90 puntos nas catas profesionais, nas que participaron destacados profesionais como José Antonio Navarrete ou Guillermo Cruz, mellor catador de España no 2014.

CINVE, un referente xa no mundo do viño, ten como obxectivo poñer o valor os viños e espirituosos de calidade, así como dar a coñecer a cultura do viño e as diversas propostas de diferentes países do mundo. Un concurso enolóxico que pretende converterse nunha cita das últimas tendencias do sector.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario