Coñeces a Guía Viños Gourmets? É unha publicación que, desde 1983, recolle información sobre os mellores viños de España. A guía contén as características de máis de 4.600 viños, elaborados por máis de 1.118 adegas procedentes de 119 zonas vinícolas diferentes. Acaba de saír ao mercado a edición 2019 que inclúe os nosos viños, algúns deles valorados con puntuacións sobresaíntes. Martín Códax Gallaecia 2013 foi, dos nosos viños, o que mellor puntuación obtivo na guía.
A súa marcada personalidade, froito da vinificación de uvas sobremaduras cunha alta porcentaxe de botritis nobre, valeulle para conseguir nada menos que 96 puntos. Gallaecia supón a consagración da uva albariño como unha das variedades brancas máis versátiles do mundo, permitindo coñecer a expresión doutra das caras deste varietal.
Tras ser valorado polos 25 profesionais que compoñían o comité de cata desta 34ª edición da guía, os profesionais definiron Gallaecia como un viño limpo, brillante e de gran complexidade e estrutura, con marcadas notas de botritis.
Ademais de Martín Códax Gallaecia, a guía recoñece outros dos nosos viños como Martín Códax Vindel 2015, que valoran con 95 puntos; Organistrum 2015, puntuado con 93 puntos; ou Martín Códax 2017, con 90 puntos.
Os profesionais quedan con Martín Códax. E ti? Proba a nosa gama de viños e elixe cal é o teu Martín Códax favorito!
Queridos amigos mi mas cordial enhorabuena por vuestro magnifico producto y apoyo a la cultura. Muchas bodegas deberian imitaros.
Muchas gracias por tus palabras acerca de nuestro trabajo, Ángel. ¡Un saludo!