Martín Códax impulsa a mobilidade sustentable e amplía o seu plan de autoconsumo enerxético

02 de Setembro de 2021

Apostamos pola sustentabilidade renovando a frota con automóbiles 100% eléctricos e híbridos enchufables e aumentando as instalacións solares fotovoltaicas.

Apostamos pola sustentabilidade renovando a frota con automóbiles 100% eléctricos e híbridos enchufables e aumentando as instalacións solares fotovoltaicas.


01

A poucas semanas da Semana Europea da Mobilidade Sustentable, que se celebra do 16 ao 22 de setembro, presentamos a nosa nova frota de vehículos 100% eléctricos e híbridos enchufables dentro do seu Plan de Mobilidade Sustentable 2021, así como novas instalacións dentro do seu Plan de Autoabastecimiento Eléctrico iniciado en 2019.

Conscientes da problemática do cambio climático e as consecuencias que supón para a sociedade, levamos máis dunha década destinando recursos de I+D+i a prácticas sustentables aplicables aos viñedos. Así mesmo, nos últimos anos promovemos numerosas accións de Responsabilidade Social Corporativa, pondo en marcha iniciativas como o Plan de Mobilidade Sustentable e o Plan de Autoabastecimiento Eléctrico, que buscan reducir o impacto ambiental.


Martin Codax_Flota_04

Dentro do Plan de Mobilidade Sustentable e co obxectivo de reducir as emisións derivadas do consumo de combustibles fósiles dos vehículos, acabamos de presentar unha frota sustentable formada por 18 novos automóbiles híbridos enchufables e 100% eléctricos da firma Peugeot ademais de 16 cargadores situados nas instalacións da nosa adega. O seu uso estará dispoñible non só para empregados, senón tamén para que os visitantes (enoturistas e provedores) poidan cargar gratuitamente o seu vehículo.

Visualiza aquí vídeo de instalación solar fotovoltaica
Cambados!

Paralelamente, no marco do Plan de Autoabastecimiento Eléctrico e seguindo o noso compromiso coa redución de emisións de CO2, este ano instalamos novos paneis solares fotovoltaicos para autoconsumo que conta dun total de 596 paneis placas solares ou módulos fotovoltaicos e 262,24 kWp de potencia. Ademais, cando a enerxía vén da rede de subministración eléctrica esta é 100% verde e procede de fontes de enerxía renovables.

Martin Codax_Flota_03

Dende Adegas Martín Códax volvemos así a pór de relevo a sustentabilidade ambiental como un dos nosos principais eixos estratéxicos, buscando a mellora continua no uso eficiente dos recursos para reducir de maneira significativa a pegada de carbono, achegando solucións ao reto constante de minimizar o impacto ambiental no ámbito socio económico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario