¡Martín Códax Lías sigue colleitando premios! E é que o último galardoou que conseguiu é nada menos que ¡a medalla de ouro nos premios internacionais Women’s Wine & Spirit Awards 2018!
Non podemos estar máis orgullosos do premio logrado na competición xulgada por mulleres profesionais do sector vitivinícola máis importante de todo o mundo. O noso albariño con crianza sobre lías coidadosamente seleccionadas, foi premiado coa medalla de ouro no concurso organizado por China Wine and Spirits Awards, a competición de viños e licores con máis influencia do mundo, responsable da venda dun billón de botellas dende 2006 (CWSA). Dende CWSA buscan recoñecer a gran valía e o traballo das mulleres no sector a través deste concurso, no que Martín Códax tamén obtivo una meritoria medalla de prata.
O xurado, composto por un total de 100 profesionais do sector que responden a diferentes perfís como principais tomadoras de decisión de compra de viños e licores importados, distribuidoras e maioristas, así como tamén dos principais minoristas e sumilleres.
Elas téñeno claro, e ti? Aínda non coñeces Martín Códax Lías?
Próbao e dinos cal é a túa opinión sobre este albariño tan especial!