Fai uns días, durante a homenaxe á nosa patrona, a adega celebraba o bo ano que tivemos, cheo de recoñecementos ao noso traballo. Estando case aún coa resaca desta celebración, chegounos esta boísima nova: a guía “Vivir el Vino” nomeounos Mellor Adega do Ano!
A revista especializada, facía públicos esta semana aos gañadores dos seus premios anuais “Los 11 magníficos 2018”, integrados na súa guía de viños. Entre eles, destaca este gran recoñecemento á nosa adega.
Este novo premio, volve a avalar o traballo da adega e o noso bo facer. Súmase aos últimos recibidos como o de Mellor Xestión en I+D+i ou o que recollía o propio director, Juan Vázquez Gancedo, á Personalidade do Ano no mundo do viño.
Non é a primeira vez que Bodegas Martín Códax recibe esta distinción. A guía “Sin mala uva” tamén lle otorgou este premio no ano 2015, e o de Mellor Grupo Cooperativo no 2016.
A verdade é que non podemos estar máis contentos. Celebrádeo connosco?
Felicitaciones