Martín Códax, prata no International Wine Challenge
31 de Maio de 2017
Novo premio para o noso albariño!
Novo premio para o noso albariño!
¡O noso albariño segue sumando recoñecementos! A calidade e frescura de Martín Códax foron premiadas con medalla de prata no International Wine Challenge (IWC), un dos principais concursos de viños a nivel mundial.
O minucioso sistema de cata a cegas do IWC é o que aporta prestixio aos premios concedidos neste concurso. Ao longo do proceso de cata, cada viño que recibiu medalla tivo que ser probado en tres ocasións por, polo menos, dez xueces.
Nesta edición, o xurado estaba composto por líderes da industria do viño e a comunicación, así como ‘Masters of Wine’ que lideraban cada unha das mesas como Tim Atkin, Sarah Abbot ou Peter McCombie, entre outros.
E non só temos que celebrar a medalla obtida por Martín Códax, Burgáns tamén foi recoñecido co mesmo metal no International Wine Challenge e no ‘Decanter World Wine Awards’ .
¿Ganas de albariño? ¡Con Martín Códax e Burgáns acertarás!
Deixa unha resposta
codax
40 comentariosManuel Ferreiro
2 comentariosMultihomespain
2 comentariosSole
2 comentariosAlejandro Martínez
1 comentarioalicia bará
1 comentario