Martín Códax Vindel, distinguido como mellor viño albariño na Guía da Semana Vitivinícola 2024
24 de Xullo de 2024
A Guía SEVI sitúa a Martín Códax Vindel por diante de todos os seus competidores, con 97 puntos.
A Guía SEVI sitúa a Martín Códax Vindel por diante de todos os seus competidores, con 97 puntos.
Martín Códax Vindel 2021 foi calificado como Mellor Viño elaborado con uva Albariño na última edición da Guía de Viños da Semana Vitivinícola 2024. Este recoñecemento chega tras alcanzar 97 puntos, puntuación máxima entre todos os albariños catados.
Este albariño leva o nome do manuscrito que contén a letra e música orixinais das cantigas do trobador Martín Códax, o Pergamiño Vindel. Desde o seu lanzamento ao mercado en 2014, destacou especialmente pola súa excelencia e captou a atención dos críticos especializados nesta prestixiosa guía.
Cada un dos nosos viños é o resultado dun coidadoso proceso que combina unha profunda comprensión do viñedo con anos de investigación e unha vocación por mostrar o potencial que ofrece a uva albariño. Esforzámonos na elaboración de viños singulares que reflicten tanto a rica tradición viticultora das Rías Baixas como o noso compromiso coa innovación. O noso obxectivo é conseguir viños de calidade que representen a versatilidade desta uva e a riqueza da nosa rexión.
Martín Códax Vindel é un albariño singular de edición limitada. Os acios seleccionados para este albariño proceden dun viñedo pouco vigoroso, moi poroso cunha exposición solar extrema das uvas e cunha alta superficie foliar que provoca un moi baixo rendemento. Estas condicións dan lugar a unha singular maduración que lle confire á uva unha tonalidade rosada que, tras unha vendima tardía e un esmerado proceso de elaboración que inclúe un breve proceso de criomaceración en frío (entre -4º e -8ºC). Este proceso, combinado cunha esmerada elaboración, dá lugar a un viño cunha complexidade e profundidade únicas, que destaca pola súa gran estrutura, carácter aterciopelado, complexidade aromática e unha gran capacidade de garda e evolución en botella. Un branco con alma de tinto”.
A Guía de Viños da Semana Vitivinícola que asinan Salvador Manjón e Vicent Escamilla é coñecida polo seu enfoque na diversidade vitivinícola, abarcando 55 variedades de uva. Esta guía mantén unha estrutura consolidada que combina catas detalladas con análises sintéticas e infografías sectoriais, sendo unha referencia ineludible para os amantes do viño e profesionais do sector. A clasificación por variedade de uva maioritaria na elaboración é unha característica distintiva da guía, facilitando a conexión directa cos consumidores.
Deixa unha resposta
codax
40 comentariosManuel Ferreiro
2 comentariosMultihomespain
2 comentariosSole
2 comentariosAlejandro Martínez
1 comentarioalicia bará
1 comentario