A suma ascende a algo máis de 13.500 €. Son os doados ás diferentes entidades benéficas seleccionadas para ser as beneficiarias dos Xoves deCcódax. 13.500 euros recadados no despacho dos concertos e grazas á solidariedade do público que esgotou as entradas en cada un dos espectáculos.
A entrega fíxose xa efectiva en senllos eventos en agosto e setembro a un total de nove asociacións: Fundación Amigos de Galicia, Esperanza Salnés, AECC, Fundación Andrea, Ingada, Cáritas, Solidaridade Galega co Pobo Saharaui, Afaga e Cociña Económica de Santiago.
A repartición fíxose de forma equitativa entre todas as organizacións polo que cada unha delas percibiu aproximadamente 1.500 euros que servirán para seguir prestando diversos servizos ás comunidades e grupos sociais aos que axudan.
Grazas a esta iniciativa, na historia dos Xoves de Códax, puidéronse doar en total preto de 19.000 euros a entidades de toda Galicia especialmente envorcados cos máis desfavorecidos.
Dende aquí, o máis sincero agradecemento de parte de todo o equipo da bodega, tanto ás asociacións polo gran traballo que desenvolven coma ao noso público que fai posibles estas doazóns.