Estamos de parabén!
O noso albariño elaborado con contacto en madeira, Organistrum, obtivo recentemente unha medalla de ouro nun dos concursos máis prestixiosos de Reino Unido, o Sommelier Wine Awards.
Este Rías Baixas foi elixido nunha cata ás cegas na que participaron un total de 2500 viños. O xurado estivo composto por diferentes Másters Sommeliers e Masters of Wine e para elixir os viños gañadores tivéronse en conta aspectos como a tipicidade, a versatilidade ou a personalidade do viño.
O Sommelier Wine Awards naceu en 2007 e hoxe en día consolidouse como unha referencia para os consumidores do Reino Unido.
Os xuíces describírono como un viño espléndido e complexo; un albariño equilibrado, mineral e delicado con notas florais e de mel e un estilo que mantén a tipicidade.
Xa o probastes?
Una obra de arte en botella!!!