Arranca o verán e xa estamos desexando disfrutar do sol, a luz, a música… e tamén da arte. Porque o verán é tempo para a arte, para a expresión, para a cultura…
Por iso, Bodegas Martín Códax albergará durante os meses de xullo e agosto a diferentes obras que percorren a traxectoria profesional do escultor Víctor Lorenzo. Un total de 16 traballos elaborados en madera e tallados con motosierra, a súa seña de identidade.
A escultura figurativa é a base da súa obra, especialmente basada na silueta humana. Para este artista autodidacta, natural de Baiona, “a figuración é a nai da arte escultórica xa que é un territorio reconocible polo espectador que xenera unha vinculación psicolóxica e trascende no tempo”.
A mostra estará aberta ao público e cualquera que veña a visitarnos poderá disfrutar desta exposición, que se suma as nosas outras moitas #experienciasmartincodax.